Contamos historias, creamos cambios

Érase unha vez un mundo máxico, no que a EDUCACIÓN e o FEMINISMO cargaron as súas mochilas de XOGOS E CONTOS e crearon

COEDUCONTANDO

Formacións e actividades lúdicas con perspectiva de xénero, dirixidas a familias, alumnado e público en xeral. 

SOMOS

Profesionais da educación

Especialistas en coeducación

Coeducontando naceu da unión de tres paixóns: a Educación en Igualdade, a Literatura Infantil e os Xogos de mesa como elementos coeducativos. Coa intención de achegar estes tres elementos a toda a comunidade educativa xurden as actividades propostas, as formacións, os obradoiros e as actividades, abarcando a profesorado, alumnado e sobretodo a familias, pilares básicos da Educación en Igualdade.

En coeducontando contamos con ampla experiencia neste ámbito e, ademais de Educadoras contamos coa colaboración de outras profesionais que engaden valor á proposta de actividades.

En canto as asociacións de familias (ANPAS) tamén contamos con asesoramento específico para facilitar a integración de actividades deste tipo nos seus centros educativos a través de subvencións públicas.

FAMILIAS E ANPAS

Formacións e Asesoramento para a realización de actividades de IGUALDADE con ou sen subvencións públicas.

ALUMNADO

Actividades de igualdade para nenas e nenos de 3 a 16 anos.

BIBLIOTECAS, CONCELLOS...

Ampla oferta de actividades de Igualdade para todo tipo de eventos e xornadas. Actividades de animación á lectura con perspectiva de xénero.

Que Facemos?

contos, xogos e formación
en igualdade

Redes SOCIAIS

Novidades

Falemos!

Contacta con nós

Solicita información sen compromiso no correo electrónico:

contacto@coeducontando.com

© 2024 Coeducontando

contacto@coeducontando.com