Propostas para ANPAS

Queres ofrecer desde a túa Anpa actividades relacionadas coa Igualdade de Xénero?

Gustaríache, ademais, que estas actividades puidesen ser financiadas a través de subvencións públicas?

Queres pedir as subvencións pero non sabes como facelo, ou non tes tempo?

En calquera dos casos, desde Coeducontando, ofrecémosche solucións. 

 

En Coeducontando asesoramos a Anpas na xestión de actividades e proxectos relacionados coa Igualdade de oportunidades, así como na tramitación de subvencións específicas para tal fin de xeito personalizado.

Nas subvencións informamos, solicitamos, xestionamos e xustificamos, facendo o traballo das Anpas moito máis doado.

Ben sexa a través de subvencións, ou sen elas, en Coeducontando ofrecemos una ampla variedade de actividades coeducativas: contacontos, obradoiros de igualdade e corresponsabilidade, escolas de familias, actividades interxeneracionais… todo esto podes velo nos apartados de «Actividades infantís» e «formación a familias». Ofrecemos actividades para todas as etapas escolares.

Ademais das actividades propias, ofrecemos proxectos integrais que abarcan tanto estas actividades como outras realizadas por profesionais do sector. Incluindo toda a xestión necesaria: encaixar todo na subvención correspondente, elaborar cartelería de todas as actividades e acompañar en todo o proceso dende o inicio (antes da solicitude) ata a xustificación.

Nas colaboracións con Coeducontando atópanse una gran variedade de profesionais, todos e todas con perspectiva de xénero:

  • Caxoto (A Trastenda dos Contos): narrador oral que abarca contos e historias coeducativas dende Ed. Infantil ata público adulto, mesturando a cultura galega, a tradición e a ruptura de estereotipos sexistas.
  • Carmen Penim: cantante, compositora, profesora e escritora, que, cos seus espectáculos musicais  «A Fraga de Pasacorrrendo» e «contiños para despertar versos»  chegará con mensaxes de empoderamento feminino a través das súas protagonistas ata o corazón do público máis pequeniño. Tamén imparte sesións formativas en escolas de familias sobre Iguadade e Corresponsabilidade.
  • Pakolas: con «Ramona na Órbita», espectáculo narrado e cantado, fará un concerto que divertirá e fará bailar a todo o público asistente.
  • Magia en la Manga: cos seus espectáculos «A Igualdade non ten truco»  e «Mestras da Maxia» amosorán referentes femininos á vez que realizan trucos incríbles.
  • Álex Araújo: artista plástico que deseñará e pintará murais coeducativos que non deixarán indiferente. Tamén cabe a posibilidade de realizar con el algunha actividade xunto co alumnado.
 

Estas son as nosas colaboracións máis frecuentes pero  abarcamos moitas máis segundo as necesidades de cada centro.

Para saber máis sobre actividades propias de Coeducontando, podedes acceder aos apartados de FORMACIÓN A FAMILIAS  e ACTIVIDADES INFANTÍS. Para máis información podedes escribir un mail solicitando información a contacto@coeducontando. com ou contactar polas nosas redes sociais en Instagram ou Facebook @coeducontando. 

© 2024 Coeducontando

contacto@coeducontando.com