Actividades Infantís

A invisibilidade de mulleres referentes e a falta de personaxes femininos independentes, divertidas e aventureiras é un feito. Coas nosas historias e actividades, intentamos compensar esa falta.

Tanto para público infantil como para o conxunto familiar, ofrecemos actividades, según idades.

Educación Infantil

CONTACONTOS

  • AS AVENTURAS DE PIPPI MEDIASLONGAS. A mismísima Pippi virá a contarnos algunhas das súas aventuras.
    A través desta representación poremos en valor a figura dunha personaxe clásica da literatura que rompe cos estereotipos sexistas, así como visibilizaremos á súa escritora ASTRID LINDGREN. Para público infantil entre 3 e 9 anos.
  • LÍA, CONTADORA DE HISTORIAS. Visibilización de escritoras e fomento da lectura. Contacontos ideal para conmemoración do Día do Libro, Día das escritoras, Día das Bibliotecas... Contacontos no que coñecerán as autoras Astrid Lindgren e  Beatrix Potter e contaremos unha historia do coello máis famoso do mundo, "Peter Rabbit". Para alumnado entre 3 e 6 anos.

 

  • A BRUXA ORTIGA. Unha bruxa con moita perspectiva, un pouco toxo e melena de clorofila. Unha bruxa peculiar, que descubrirá os verdadeiros segredos da historia das bruxas. Ideal para Samaín, día do libro... Contacontos con moita perspectiva de xénero que incentivará o valor da lectura e porá en valor os saberes tradicionais das mulleres no pasado. Para alumnado de 3 a 9 anos. 

 

  • XOGOS XIGANTES DE IGUALDADE E COOPERATIVOS.  Un Jenga xigante para visibilizar mulleres relevantes na historia, un Lince coeducativo, e outros xogos cooperativos no que a Igualdade e o traballo en equipo serán o importante. 

 

A duración dos contacontos en Ed. Infantil é de 40 minutos. A actividade dos xogos será de 60 minutos. 

Educación Primaria

  • AS RAÍÑAS DO XOGO MOVEN FICHA POLA IGUALDADE. Obradoiro de construción de xogos tradicionais e Interculturais para traballar a Igualdade e a Corresponsabilidade. Alumnado de 6 a 16 anos.

 

  • ÁGATHA E AS CAIXAS DA SABIDURÍA. UNHA VIAXE NO TEMPO.  Unha exploradora viaxeira no tempo virá a contarnos historias, de xeito interactivo, sobre mulleres interesantes e importantes que coñeceu nas súas viaxes.Con esta actividade pretendemos crear referentes femininos  a través de personaxes reais que foron importantes na historia da humanidade. Para alumnado de 6 a 12 anos. 

 

  • SALMA E A ÁRBORE DA PAZ. Historias de mulleres valentes que loitaron contra as inxustizas. Ideal para a conmemoración do día da Paz.  Salma levará a súa árbore repleta de historias de mulleres valentes: Wangari Maathai, Rosa Parks, Rigoberta Menchu, Irena Sendler, Harriet Tubman, Malala Yousafzai, Bertha Von Suttner... Para alumnado de 6 a 12 anos. 

 

  • LÍA, CONTADORA DE HISTORIAS. Visibilización de escritoras e fomento da lectura. Contacontos ideal para conmemoración do Día do Libro, Día das escritoras, Día das Bibliotecas...  Contacontos no que coñecerán a autoras como Mary Shelley, Astrid Lindgren, J.K. Rowling, Beatrix Potter ou Ágatha Christie. Para alumnado de 6 a 12 anos. 

 

  • CORES, PUNTOS E MELODÍAS. Historias de mulleres artistas. (DISPOÑIBLE A PARTIR DE MARZO 2025).

    Esta actividade, protagonizada por Carmen Penim e Jane Liz, propón unha viaxe polos sentidos para visibilizar e reivindicar o papel de cinco mulleres excepcionais en distintas disciplinas artísticas. Combina espectáculo musical, narración oral e unha importante parte interactiva que convida á creatividade e á expresión corporal. Todo isto cun enfoque feminista transformador, que non só celebra o talento feminino, senón que tamén fomenta valores de igualdade, reflexión e empoderamento, enriquecendo o aprendido desde unha óptica crítica e inspiradora.  Para alumnado de 6 a 14 anos. 

 

  • AS AVENTURAS DE PIPPI MEDIASLONGAS. (Ver en aparatado de Ed. Infantil) Para alumnado ata 1º e 2º ciclo de primaria. 

 

  • A BRUXA ORTIGA. (Ver en aparatado de Ed. Infantil) Para alumando de 1º e 2º ciclo de primaria.

 

  • OBRADOIRO DE XOGOS DE MESA. Obradoiros á medida onde os xogos de mesa serán os protagonistas: xogos feministas, cooperativos, xigantes, divertidos, rápidos, de cálculo... Tamén hai a posibilidade de organizar unha actividade interxeneracional, mesturando alumnado e familias. 

 

  • XOGOS DE PISTAS. Coa temática de igualdade ou algunha outra temática de educación en valores, totalmente personalizado, a demanda.

 

  • XINCANA DE IGUALDADE.  Xogo cooperativo de visibilización de referentes femininos e valores de igualdade, onde os xogos xigantes, as probas de traballo en Equipo e a historia da humanidade, serán a base de todo.  

 

  • OBRADOIROS DE SEXUALIDADE INTEGRAL. Consentimento, prevención de abusos, coñecemento dos corpos, relacións sexuais, pracer, reproducción, menstruación... Para todos os cursos.

 

  • PREVENCIÓN DE VIOLENCIAS MACHISTAS A TRAVÉS DA MÚSICA. (A partir de 5º de primaria). Obradoiro no que analizaremos as cancións de moda, e a través de dinámicas de rol playing será o propio alumnado o que decida, con espíritu crítico, se o contenido é apropiado ou non.

 

A duración dos contacontos de da actividade de "Puntos, cores  e Melodías"  é de 50 minutos. Resto de actividades entre 75 e 90 minutos. 

Educación Secundaria

  • OBRADOIROS DE IGUALDADE E CORRESPONSABILIDADE. Desmitificación do amor romántico, ruptura de estereotipos, novas masculinidades, sexualidade, análise da música actual, o papel das mulleres nas RRSS e internet, violencia de xénero, visibilización de mulleres referentes ... Adaptación de temática e actividade en función da demanda do centro.

 

  • PUNTOS, CORES E MELODÍAS. Historias de mulleres artistas. (DISPOÑIBLE A PARTIR DE ABRIL 2025). 1º e 2º da ESO. 

    Esta actividade, protagonizada por Carmen Penim e Jane Liz, propón unha viaxe polos sentidos para visibilizar e reivindicar o papel de cinco mulleres excepcionais en distintas disciplinas artísticas. Combina espectáculo musical, narración oral e unha importante parte interactiva que convida á creatividade e á expresión corporal. Todo isto cun enfoque feminista transformador, que non só celebra o talento feminino, senón que tamén fomenta valores de igualdade, reflexión e empoderamento, enriquecendo o aprendido desde unha óptica crítica e inspiradora. 

 

  • PREVENCIÓN DE VIOLENCIAS MACHISTAS A TRAVÉS DA MÚSICA. Obradoiro no que analizaremos as cancións de moda, e a través de dinámicas de rol playing será o propio alumnado o que decida, con espíritu crítico, se o contenido é apropiado ou non.

 

  • FREGAS TI!  Obradoiro en movemento con temática de corresponsabilidade, no  que se pretenden visibilizar as cargas de traballo invisible que hai no fogar. Ao final do obradoiro xogaremos a un xogo de mesa xigante relacionado coa temática. 

 

  • PONTE NO MEU LUGAR. Xogo de roles no que por equipos adoptarán o papel de familias tradicionais (con reparto desigual nas tarefas) e de familias corresponsables. 

 

  • OBRADOIROS DE XOGOS DE MESA. Obradoiros á medida onde os xogos de mesa serán os protagonistas: xogos feministas, cooperativos, xigantes, divertidos, rápidos, de cálculo...  Incluso poden ser obradoiros interxeneracionais e integrar a outros membros da familia: pais, nais, avós e avoas, irmáns e irmás máis pequen@s...

 

  • XOGOS DE PISTAS: ESCOLA DE DETECTIVES ENOLA HOLMES.  O xogo consiste nunha búsqueda con ou sen teléfonos móbiles, mapas e outros elementos para descifrar un misterio e conseguir entrar na prestixiosa escola de detectives de Enola Holmes.

 

  • OBRADOIROS DE SEXUALIDADE INTEGRAL. Consentimento, coñecemento dos corpos, relacións sexuais, pracer, reprodución, menstruación, consumo de pornografía, ruptura de mitos do amor romántico, delitos sexuais e ciberdelitos...

 

A duración de cada actividade é dentre 75 e 90 minutos. 

Duración de "Cores, Puntos e Melodías": 50-60 minutos. 

© 2024 Coeducontando

contacto@coeducontando.com