Colaboracións Profesionais

En Coeducontando, ademais das actividades propias, contamos coa colaboración de profesionais con perspectiva de xénero, que darán máis variedade e versatilidade aos vosos proxectos e actividades coeducativas. Así, algunhas das colaboracións máis frecuentes que temos son:

Carmen Penim

Cantante, compositora, profesora e escritora, que, cos seus espectáculos/contos musicais: «A Fraga de Pasacorrrendo» , «Contiños para despertar versos» e «O extraño caso da pedra Brum Brum» chegará con mensaxes de igualdade a través das súas protagonistas ata o corazón do público máis pequeniño. Tamén imparte sesións formativas en escolas de familias sobre Iguadade e Corresponsabilidade.

Comparte espectáculo-obradoiro con Jane Liz de Coeducontando: "Puntos, Cores e Melodías" (máis información no apartado de actividades infantís)

Skeirrum

Erea e Cintia fan Escapes Rooms de Igualdade e de Corresponsabilidade, 100 % dixitais (con uso de dispositivos móbiles) ou 100 % analóxicos (sen tecnoloxías) ou ben mesturando ambas metodoloxías. Unha forma moi divertida e atractiva de interiorizar conceptos e aprender cousas novas.

Caxoto (A Trastenda dos Contos)

Narrador oral que abarca contos e historias coeducativas dende Ed. Infantil ata público adulto, mesturando a cultura galega, a tradición e a ruptura de estereotipos sexistas. Algúns dos seus contos de Igualdade e Corresponsabilidade: "Vellos contos, novos finais" , "Planeta LGTBI" e "Micromachista eu?".

UXÍA MORÁN

Actriz e contacontos, con actividades e espectáculos para todas as idades. Alegre e divertida ás veces, dura e dramática outras, ten obras de teatro e performances con temáticas feministas e de Prevención de Violencias Machistas, como son "A última cea" e " Ser feminista?".

Álex Araújo

Álex é un artista en MAIÚSCULAS que fai arte a gran escala: pavillóns, fachadas, muros... Gustaríache decorar o teu centro cun gran mural de Igualdade e/ou corresponsabilidade? Aquí podes ver algúns dos seus impresionantes deseños, inéditos e orixinais. Ademais, opcionalmente e de forma complementaria, pode facer algún pequeno obradoiro plástico con alumnado.

Pakolas

«Ramona na Órbita» é a historia dunha súper muller labrega da Serra do Courel, xefa na horta e a mellor na tecnoloxía, ecoloxista e inventora que chega cunha máquina chea de Rock and Roll disposta a percorrer os tempos para aprendernos protexer á natureza. Espectáculo ideal para rachar cos estereotipos sexistas e amosar novos referentes femininos.

Magia en la Manga

Esta compañía ofrece dous actividades educativas e feministas relacionadas coa maxia: " A igualdade non ten truco", espectáculo de visibilización de mulleres magas e "Mestras da Maxia" obradoiro no que alumnado e familias aprenderán trucos de maxia á vez que coñecen historias de magas.

Inma Soto

Inma Soto é educadora ambiental e contadora de historias. Os contos naceron para achegar dun xeito amable e divertido o noso patrimonio natural e cultural á infancia, con especial atención á protección da lingua e baixo a atenta ollada da igualdade de xeito transversal en toda a súa actividade.

Actividades Propias de Coeducontando

En Coeducontando temos moita variedade de actividades propias: contancontos de visibilización de referentes femininos, obradoiros de Igualdade e Corresponsabilidade, actividades para escolas de familias, obradoiros con xogos de mesa... toda a información detallada podédela atopar nos apartados "actividades infantís", "escolas de familias" e "propostas para anpas", pero deixamos aquí unhas imaxes a modo resumo:

© 2024 Coeducontando

contacto@coeducontando.com