Formación a Familias
A formación ás familias é unha parte fundamental para acadar a igualdade real entre os nenos e as nenas. Baseándonos neste principio, facemos formacións prácticas e sinxelas, moi dinámicas e participativas e adaptadas a todos os públicos, onde as nais e os pais con fillos e fillas en idade escolar, poderán obter tips sinxelos de levar a cabo nas súas rutinas diarias e lograr así nos seus fogares unha
COEDUCACIÓN VERDADEIRA
Así, algunhas das formacións que propomos son:
NIN ROSA NIN AZUL: EDUCANDO EN IGUALDADE
Seguro que pensamos que hoxe en día educamos a nenas e a nenos igual pero... analicemos se é certo.
XOGANDO ÁS CASIÑAS: A CORRESPONSABILIDADE
Un xogo de roles moi divertido para toda a familia que nos fará pornos na pel doutros membros do fogar e reflexionar sobre o reparto das tarefas domésticas e de coidados.
SEN TABÚS: FALAR DE SEXUALIDADE COAS NOSAS FILLAS E FILLOS
Dende case o nacemento ata a adolescencia, ofreceremos pautas para ensinar a respectar os propios corpos e os alleos, a previr os abusos sexuais e a abordar na casa a sexualidade dende un punto de vista integral.
CANTA, BAILA, ESCOITA
Análise da música actual que escoitamos e que escoitan os nosos fillos e as nosas fillas dende idades moi temperás, socializandonse con ela e interiorizando mensaxes violentos e misóxinos.
PORNOGRAFÍA vs. AMOR
Sabías que a idade na que os nenos comezan a ver os primeiros vídeos de contido sexual explícito é sobre os 8 anos? Cres que a pornografía que elas e eles consumen e igual ou parecida á que se consumía hai 20 anos? Sabes que implicacións ten o consumo da pornografía actual nos comportamentos dos e das persoas adolescentes e adultas? Falaremos e reflexionarmos sobre a PORNIFICACIÓN DA INFANCIA e sobre as súas consecuencias.
FALEMOS: CLAVES PARA UNHA BOA COMUNICACIÓN
Como acadar unha comunicación empática, asertiva e bidireccional cos nosos fillos e coas nosas fillas. Ademáis descubriremos recursos útiles como xogos e libros. (Comunicación en infantil e primaria e comunicación en secundaria).
CONECTAD@S
Xestión de tablets e outros dispositivos electrónicos con conexión a Internet. Riscos e consecuencias da sobreexposición. Control parental.
QUÉROME: EDUCANDO EMOCIÓNS
Como canalizar e xestionar emocións, traballar a autoestima e mellorar a comunicación. En definitiva, aprender a desenvolver a intelixencia emocional nos fogares.