Actividades Infantís

A invisibilidade de mulleres referentes e a falta de personaxes femininos independentes, divertidas e aventureiras é un feito. Coas nosas historias e actividades, intentamos compensar esa falta.

Tanto para público infantil como para o conxunto familiar, ofrecemos actividades, según idades.

Educación Infantil

 

  • AS AVENTURAS DE PIPPI MEDIASLONGAS. A mismísima Pippi virá a contarnos algunhas das súas aventuras.
    A través desta representación poremos en valor a figura dunha personaxe clásica da literatura que rompe cos estereotipos sexistas, así como visibilizaremos á súa escritora ASTRID LINDGREN. 

 

  • OS NENOS TAMÉN CHORAN. Contacontos para imaxinar unha nova masculinidade. Actividade de narración oral na que, a través de diferentes contos, se presentan protagonistas masculinos afastados dos estereotipos tradicionais. Personaxes que senten, coidan, escoitan e se relacionan desde a empatía, a tenrura e o respecto.

 

  • A BRUXA ORTIGA. Unha bruxa con moita perspectiva, un pouco toxo e melena de clorofila. Unha bruxa peculiar, que descubrirá os verdadeiros segredos da historia das bruxas. Ideal para Samaín, día do libro... Contacontos con moita perspectiva de xénero que incentivará o valor da lectura e porá en valor os saberes tradicionais das mulleres no pasado. 

 

  • MARUXA E PEPIÑO. Contacontos no que, ademais de desfrutar dunha divertida historia interactiva, elaboraremos en equipo a receita imaxinaria da corresponsabilidade, unha actividade simbólica na que aprender a importancia do reparto equitativode tarefas.

 

  • EXPLORADORAS DO UNIVERSO. Actividade de visibilización de referentes femininos no ámbito da ciencia e a exploración do espazo. Coñeceremos a figuras inspiradoras como Sara García, Henrietta Leavitt e Hipatia de Alexandría, mulleres que abriron camiño no estudo do universo.A través de xogos, música e contos viaxaremos polo cosmos, descubrindo a importancia da ciencia e o papel das mulleres nela.

 

  • XOGOS XIGANTES DE IGUALDADE E COOPERATIVOS.  Un Jenga xigante para visibilizar mulleres relevantes na historia, un Lince coeducativo, e outros xogos cooperativos no que a Igualdade e o traballo en equipo serán o importante. 

 

  • A MALETA DOS XOGUETES: ABRE A MALETA E XOGA SEN ETIQUETAS! Abrimos unha maleta chea de xoguetes de antes e de agora, para mirar, probar e xogar sen parar. Falaremos de quen pode xogar a que e descubriremos que non hai xoguetes de nenos nin de nenas. Porque xogar é para todas e todos… e facelo xuntas e xuntos é aínda mellor!

 

  •  A MULLER MULTIPLICADA (OU DIVIDIDA). Contacontos e obradoiro sobre a corresponsabilidade. A partir do conto A muller multiplicada (ou dividida) propoñemos un contacontos que visibiliza a sobrecarga de tarefas que recaen nas mulleres. A historia convértese nunha actividade interactiva de corresponsabilidade, na que o alumnado reflexiona, xoga e participa no reparto xusto dos coidados e das tarefas do día a día.

Educación Primaria

  • AS RAÍÑAS DO XOGO MOVEN FICHA POLA IGUALDADE. Obradoiro de construción de xogos tradicionais e Interculturais para traballar a Igualdade e a Corresponsabilidade. Alumnado de 6 a 16 anos.

 

  • ÁGATHA E AS CAIXAS DA SABIDURÍA. UNHA VIAXE NO TEMPO.  Unha exploradora viaxeira no tempo virá a contarnos historias, de xeito interactivo, sobre mulleres interesantes e importantes que coñeceu nas súas viaxes.Con esta actividade pretendemos crear referentes femininos  a través de personaxes reais que foron importantes na historia da humanidade. Para alumnado de 6 a 12 anos. 

 

  • ADESTRANDO DRAGÓNS CORRESPONSABLES.A través do xogo e das imaxes de dragóns, as nenas e os nenos descubren que todas as persoas teñen habilidades importantes e que, cando traballamos en equipo, coidar e repartir tarefas é máis xusto.

 

  • ATRAPA AS GOMINOLAS. Un xogo por equipos no que o alumnado pon a proba os seus coñecementos sobre igualdade e corresponsabilidade, resolvendo preguntas e avanzando paso a paso mentres conserva as gominolas gañadas. As temáticas poden adaptarse —corresponsabilidade, mulleres nun ámbito concreto, sexualidade ou igualdade en xeral—, facendo da aprendizaxe unha experiencia divertida, participativa e con valores.

 

  • CORES, PUNTOS E MELODÍAS. Historias de mulleres artistas. Esta actividade, protagonizada por Carmen Penim e Jane Liz, propón unha viaxe polos sentidos para visibilizar e reivindicar o papel de cinco mulleres excepcionais en distintas disciplinas artísticas. Combina espectáculo musical, narración oral e unha importante parte interactiva que convida á creatividade e á expresión corporal. Todo isto cun enfoque feminista transformador, que non só celebra o talento feminino, senón que tamén fomenta valores de igualdade, reflexión e empoderamento, enriquecendo o aprendido desde unha óptica crítica e inspiradora.  Para alumnado de 6 a 14 anos. 

 

  • AS AVENTURAS DE PIPPI MEDIASLONGAS. (Ver en aparatado de Ed. Infantil) Para alumnado ata 1º e 2º ciclo de primaria. 

 

  • A BRUXA ORTIGA. (Ver en aparatado de Ed. Infantil) Para alumando de 1º e 2º ciclo de primaria.

 

  • OBRADOIRO DE XOGOS DE MESA. Obradoiros á medida onde os xogos de mesa serán os protagonistas: xogos feministas, cooperativos, xigantes, divertidos, rápidos, de cálculo... Tamén hai a posibilidade de organizar unha actividade interxeneracional, mesturando alumnado e familias. 

 

  • DIXIT DA IGUALDADE.Actividade coeducativa baseada no xogo Dixit, adaptado para traballar a igualdade e a corresponsabilidade no alumnado. A través das imaxes, a imaxinación e o diálogo, promóvese a reflexión sobre os coidados, as emocións, o respecto e a xustiza, fomentando a participación igualitaria de nenas e nenos nun contexto lúdico e inclusivo.

 

  • XINCANA "PONTE NO MEU LUGAR" Xogo de roles en espazo aberto onde representaremos diferentes tipos de familia e reflexionaremos sobre cal é a familia máis xusta, ao mesmo tempo que pomos en valor as tarefas do fogar e de coidados así como a xustiza do descanso para todas e todos.

 

  • AS AVENTURAS DE PIPPI MEDIASLONGAS. (1º, 2º e 3º Ed. Primaria). A mismísima Pippi virá a contarnos algunhas das súas aventuras.
    A través desta representación poremos en valor a figura dunha personaxe clásica da literatura que rompe cos estereotipos sexistas, así como visibilizaremos á súa escritora ASTRID LINDGREN. 

 

  • PREVENCIÓN DE VIOLENCIAS MACHISTAS A TRAVÉS DA MÚSICA. (A partir de 5º de primaria). Obradoiro no que analizaremos as cancións de moda, e a través de dinámicas de rol playing será o propio alumnado o que decida, con espíritu crítico, se o contenido é apropiado ou non.

 

  • MARUXA E PEPIÑO (1º e 2º de primaria).  Contacontos no que, ademais de desfrutar dunha divertida historia interactiva, elaboraremos en equipo a receita imaxinaria da corresponsabilidade, unha actividade simbólica na que aprender a importancia do reparto equitativode tarefas.

 

  • EXPLORADORAS DO UNIVERSO. Actividade de visibilización de referentes femininos no ámbito da ciencia e a exploración do espazo. Coñeceremos a figuras inspiradoras como Sara García, Henrietta Leavitt e Hipatia de Alexandría, mulleres que abriron camiño no estudo do universo.A través de xogos, música e contos viaxaremos polo cosmos, descubrindo a importancia da ciencia e o papel das mulleres nela.

 

  • A MULLER MULTIPLICADA (OU DIVIDIDA). Contacontos e obradoiro sobre a corresponsabilidade. A partir do conto A muller multiplicada (ou dividida) propoñemos un contacontos que visibiliza a sobrecarga de tarefas que recaen nas mulleres. A historia convértese nunha actividade interactiva de corresponsabilidade, na que o alumnado reflexiona, xoga e participa no reparto xusto dos coidados e das tarefas do día a día.

 

  • OS NENOS TAMÉN CHORAN. Contacontos para imaxinar unha nova masculinidade. Actividade de narración oral na que, a través de diferentes contos, se presentan protagonistas masculinos afastados dos estereotipos tradicionais. Personaxes que senten, coidan, escoitan e se relacionan desde a empatía, a tenrura e o respecto.

 

  • AS AVENTURAS DE PIPPI MEDIASLONGAS. A mismísima Pippi virá a contarnos algunhas das súas aventuras.
    A través desta representación poremos en valor a figura dunha personaxe clásica da literatura que rompe cos estereotipos sexistas, así como visibilizaremos á súa escritora ASTRID LINDGREN. 

 

Educación Secundaria

  • REAL OU FAKE?  Xogo participativo no que o alumnado analiza mensaxes, situacións e crenzas sobre igualdade, corresponsabilidade, dereitos e estereotipos.

 

  • PUNTOS, CORES E MELODÍAS. Historias de mulleres artistas. 1º e 2º da ESO.  Esta actividade, protagonizada por Carmen Penim e Jane Liz, propón unha viaxe polos sentidos para visibilizar e reivindicar o papel de cinco mulleres excepcionais en distintas disciplinas artísticas. Combina espectáculo musical, narración oral e unha importante parte interactiva que convida á creatividade e á expresión corporal. Todo isto cun enfoque feminista transformador, que non só celebra o talento feminino, senón que tamén fomenta valores de igualdade, reflexión e empoderamento, enriquecendo o aprendido desde unha óptica crítica e inspiradora. 

 

  • PREVENCIÓN DE VIOLENCIAS MACHISTAS A TRAVÉS DA MÚSICA. Obradoiro no que analizaremos as cancións de moda, e a través de dinámicas de rol playing será o propio alumnado o que decida, con espíritu crítico, se o contenido é apropiado ou non.

 

  • A REVOLTA DO ESFREGALLO!  Obradoiro en movemento con temática de corresponsabilidade, no  que se pretenden visibilizar as cargas de traballo invisible que hai no fogar. Ao final do obradoiro xogaremos a un xogo de mesa xigante relacionado coa temática. 

 

  • PONTE NO MEU LUGAR. Xogo de roles no que por equipos adoptarán o papel de familias tradicionais (con reparto desigual nas tarefas) e de familias corresponsables. 

 

  • OBRADOIROS DE XOGOS DE MESA. Obradoiros á medida onde os xogos de mesa serán os protagonistas: xogos feministas, cooperativos, xigantes, divertidos, rápidos, de cálculo...  Incluso poden ser obradoiros interxeneracionais e integrar a outros membros da familia: pais, nais, avós e avoas, irmáns e irmás máis pequen@s...

 

  • ATRAPA AS GOMINOLAS. Un xogo por equipos no que o alumnado pon a proba os seus coñecementos sobre igualdade e corresponsabilidade, resolvendo preguntas e avanzando paso a paso mentres conserva as gominolas gañadas. As temáticas poden adaptarse —corresponsabilidade, mulleres nun ámbito concreto, sexualidade ou igualdade en xeral—, facendo da aprendizaxe unha experiencia divertida, participativa e con valores.

 

  • DIXIT DA IGUALDADE. Actividade coeducativa baseada no xogo Dixit, adaptado para traballar a igualdade e a corresponsabilidade no alumnado. A través das imaxes, a imaxinación e o diálogo, promóvese a reflexión sobre os coidados, as emocións, o respecto e a xustiza, fomentando a participación igualitaria de nenas e nenos nun contexto lúdico e inclusivo.

 

© 2024 Coeducontando

contacto@coeducontando.com